Este fin de semán tivo lugar en Coruña o campionato galego de debates
Parlamento Xove, no que o noso centro participou por primeira vez.
O proxecto Parlamento Xove consiste nun conxunto de actividades que
teñen por obxecto fomentar entre os xoves o diálogo como ferramenta para
argumentar razoadamente as ideas propias. Ditas actividades teñen como fío
común debater acerca dun tema formulado pola organización, entre as que se
inclúen a publicación de artigos en blog e xornais, a realización dun dossier
de investigación do tema tratado e debates dialécticos.
O proxecto
atópase incorporado na programación de Economía de 1º bacharelato, ainda que
contou coa colaboración imprescindible de Matilde (Dpto. Galego) e Brais (Dpto.
Filosofía). Todos os alumnos do grupo
tiveron que investigar, escribir e debater acerca dun tema proposto, que para
este curso foi:
“Está a
servir a crise económica global para que a xuventude tome conciencia dun
consumo responsable?”
Dentro de dito grupo, seleccionáronse 4
alumnos (Jessica Chantada, Carlos Polo, Tania Silva e Daniel Sobral) que
representaron ao IES AS BARXAS o pasado sábado na competición de debates
dialécticos entre 24 equipos de toda Galicia.
Destacar o bo saber estar dos rapaces que
defenderon as súas propias ideas apaisoadamente, sen deixarse influenciar por
ninguén; que antepuseron os seus principios á competitividade agresiva, cunha
elegancia e saber estar que lles fixo gañar o respeto dos seus contrincantes,
que non decaeron a pesar de perder encontros por centésimas, e que a pesar de non conseguer clasificarse, foron
recoñecidos os seus méritos polos xuíces que os felicitaron públicamente no
acto de clausura pola alta puntuación conseguida.
Grazas pola experiencia, se queredes
repetila contade conmigo!
P.D:Todos os traballos realizados polos alumnos, están publicados nun
blog: www.barxasdebate2013.blogspot.com.es.
ENLACES MEDIOS INFORMATIVOS:
LA OPINIÓN
DIARIO DE FERROL
No hay comentarios:
Publicar un comentario