TEMA 1: A EMPRESA E O SEU MARCO EXTERNO
1.1. A empresa
- Concepto de empresa: elementos, funcións e obxectivos.
- Factores de produción (inputs), produto (output) e valor engadido.
- A creación de valor.
- Funcionamento global (descrición xeral do ciclo de produción) e áreas de actividade (produción, comercialización, financiamento e dirección ou organización).
- Visións do papel do empresario no pensamento económico: Adam Smith-Knight-Schumpeter-Galbraith.
- Tipos de empresa e criterios de clasificación: titularidade do capital, tamaño e sector de actividade.
1.2. Contorno xeral e específico
- Contorno xeral: factores económicos, socioculturais, político-legais, tecnolóxicos.
- Contorno específico: o sector.
- Esquema das cinco forzas competitivas de Porter: rivalidade entre competidores actuais, ameaza de entrada de competidores potenciais, ameaza de produtos substitutivos, poder negociador dos provedores, poder negociador dos clientes.
- Análise DAFO. A responsabilidade social e medioambiental da empresa (traballadores, sociedade, consumidores, medioambiente)
1.3. Marco xurídico que regula a actividade empresarial
- Principais formas xurídicas da empresa: Empresario individual e empresario colectivo (Sociedade Anónima, Sociedade de Responsabilidade Limitada, Sociedade Limitada Nova Empresa, Sociedades Laborais, Sociedade Cooperativa).
- Aspectos mercantís: Trámites legais para a constitución da empresa. Rexistro Mercantil. Propiedade industrial: signos distintivos da empresa (nome comercial, rótulo do establecemento e marca) e invencións. Defensa da competencia. Publicidade.
- Aspectos laborais: Dereitos e obrigas do traballador: dereitos e deberes básicos. Dereitos e deberes derivados do contrato de traballo (salario, xornada e calendario laboral, permisos e vacacións). A conciliación da vida laboral e familiar das persoas traballadoras: aspectos básicos. Contrato de traballo (concepto e elementos para que sexa válido), tipoloxía (segundo a duración do contrato e segundo a duración da xornada). Suspensión e extinción do contrato de traballo: concepto e causas. Concepto de convenio colectivo. Obrigas de afiliación e cotización á Seguridade Social. Seguranza e hixiene no traballo: aspectos básicos. Prevención de riscos laborais: aspectos básicos.
- Fiscalidade: Tributos: concepto e clases. Impostos: concepto, clases (directos-indirectos, reais ou de produto, persoais ou sobre a renda), elementos (suxeito activo, suxeito pasivo, feito impoñible, base impoñible, tipo impositivo) e ámbito de xestión (estatal, autonómico e local). Fiscalidade do empresario individual: IRPF, IVE. Fiscalidade do empresario social: Imposto sobre sociedades e IVE.
1.4. Desenvolvemento da empresa
- Factores de localización espacial da empresa: localización de actividades industriais, localización de actividades comerciais e de servizos.
- A dimensión empresarial: concepto e criterios de medición. As PEMES: vantaxes e inconvenientes. O crecemento da empresa: crecemento interno e crecemento externo. Estratexias de fusión e adquisición.
- A internacionalización, a competencia global, a influencia do desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas empresas. As empresas multinacionais: características e factores de desenvolvemento.
- Tecido industrial galego e tamaño empresarial en Galicia. O cooperativismo en Galicia.